xuño, 2022

Detalles do Evento

A segunda edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cine LGBTIQA+ de Pontevedra, desenvolverase entre o 27 de xuño e o 1 de xullo na praza da Pedreira coa colaboración do Cineclube Pontevedra, a asociación Avante LGBT+, o FIB Bueu e a Cinemateca Pedro Zerolo.

Entre a atractiva programación dos cinco días do festival, destaca o acto inaugural da mostra audiovisual coa estrea do videoclip ‘Eduardita’, producido por Laura Cadenas Amandi, Enzo Sarmiento e Éric Dopazo. A proxección será previa ao filme ‘A primeira morte de Joana’ de Cristiane Oliveira que se emitirá ás 22.30 horas.

O festival tamén contará coa presenza da actriz, política e activista trans Carla Antonelli. Será o mércores, 29 de xuño, ás 21.00 horas, e seguidamente proxectarase o documental ‘Triángulos rosas’, do que Carla Antonelli foi impulsora. O audiovisual conta coa colaboración da Cinemateca Pedro Zerolo.

O peche do festival será o venres, 1 de xullo, coa actuación musical de Palito DJ, que picará música de cine a partir das 21.00 horas. Finalmente, ás 22.30 horas proxectaranse 5 curtas en colaboración co FIB Bueu.

PROGRAMA AMBIENTA PDF

Hora

(Luns) 22:00

Localización

Praza da Pedreira

Praza da Pedreira, Pontevedra

Está pasando!