Bicicleando

dom26set11:00dom23:50BicicleandoEspírito Montuno11:00 - 23:50 Parque Forestal da Fracha - Pontevedra

Detalles do Evento

Roteiro guiado en bicicleta de montaña pola ruta laranxa do parque forestal da Fracha. Cunha lonxitude de 10,8 km e 360 m de desnivel positivo acumulado, farase un percorrido por este trazado, saíndo da área de lecer de Outeiro Navío e voltando á mesma.

  • É obrigatorio o uso do casco, así como o cumprimento das indicacións que as persoas que exercen de guías farán durante o percorrido.
  • A bicicleta debe ser de montaña e convenientemente revisada. É aconsellable o uso de guantes e roupa deportiva axeitada á práctica da bicicleta de montaña.
  • O percorrido farase a un ritmo tranquilo, garantindo a unidade do grupo e facendo as paradas que sexan necesarias para reagrupar.
  • Recoméndase levar algún alimento así como algo de líquido.

Data: 26 de setembro

Lugar: A Fracha. Área de lecer de Outeiro Navío

Horario: 11:00 h.

Duración: 2,5 horas

Idades: a partir de 12 anos. Todos os menores deber asistir acompañados dunha persoa adulta responsable do mesmo (pai, nai ou titor legal).

Prazas: 30 persoas

Imparte: Manolo Torres

Preinscrición: a través dos formularios online por rigorosa orde de chegada. Unha vez enviado o formulario recibirá un correo-e de recepción da preinscrición e, comprobados todos os datos, outro de confirmación de asistencia.

Regulamento: REGULAMENTO I BICICLEANDO A FRACHA

Actividade gratuíta: prégase compromiso coa asistencia, se finalmente non puidera asistir, agradecemos que avise con antelación para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

AVISO IMPORTANTE PARA TODAS AS ACTIVIDADES: programación suxeita á evolución da situación sanitaria.

Hora

(Domingo) 11:00 - 23:50

Localización

Parque Forestal da Fracha

Está pasando!