Ons celebrara esta fin de semana as súas tradicionais Festas de San Xaquín

20 Agosto 2026

O Concello de Bueu, oa colaboración da Asociación de Veciños e Amigos de Ons, Parques Nacionais e veciñanza, organiza o 22 e 23 de agosto as Festas de Ons na honra de San Xaquín.

O programa de eventos iniciarase o sábado pola mañá cunha ruada a cargo da charanga Amigos e Colores. Pola noite, a partir das 22.30 horas, actuará o grupo De Cañas e Óscar DJ.

O domingo comezará a mañá cunha ruada coa charanga Os imperiais, Mariachis Noche de Ronda e o grupo de gaiteiros Serradela.

Ás 12.00h. será a ofrenda no cemiterio e a continuación organizarase unha homenaxe veciñal aos fareiros, para dar paso logo á misa na honra de San Xaquín ás 13.00 horas.

Ademais, a Asociación Costumes de Cela elaborará unha alfombra floral.

Está pasando!