Camerata Arven e Ballet de Galicia (Diego Landín) en Pontevedra

dom12xuñ12:00Camerata Arven e Ballet de Galicia (Diego Landín) en PontevedraCiclo de música 'Del silencio a la emoción'12:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Del silencio a la emoción’ é un ciclo de concertos que convida a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo a participación do público e a súa aproximación á orquestra.

Neste concerto, a Camerata Arven e o Ballet de Galicia (Diego Landín) farannos gozar a través da música e a danza do ‘Carnaval dos animais’.

Concerto enmarcado na iniciativa Cultura por Alimentos.

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com


PROGRAMA

E. GRANADOS (1817-1916)

Goyescas Intermezzo

(Arranxo para noneto de Natalia Ensemble)

M. RAVEL (1875-1937)

Pavane pour une infante défunte chamber

(Arreglo para 14 instrumentos de Natalia Ensemble)

SAINT-SAËNS (1835-1921)

O Carnaval dos animais


‘Do silencio á emoción’

É un ciclo de concertos que invita a descubrir a música clásica desde un punto de vista diferente ao habitual, rompendo barreiras entre público e artistas, cunha programación integrada noutras artes escénicas como a danza, a pintura, a literatura ou o teatro.

Ao inicio de cada concerto farase un breve repaso sobre a historia do repertorio dunha maneira próxima que permita desfrutar moito máis do que a continuación se escoitará e no cal o público poderá participar preguntando calquere curiosidade sobre a música, os instrumentos ou a agrupación.

A outra novidade de achegar a música ao oínte é dunha maneira máis literal, e será dando a oportunidade a un grupo de persoas de compartir escenario coa propia agrupación, podendo vivir a experiencia de sentar tan preto que poderá ter contacto coa partitura, a agrupación e o resto do público.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!