© Museo de Pontevedra

'Castelao en Europa. A viaxe de 1921'

xov02decConsultardom23xan'Castelao en Europa. A viaxe de 1921'Exposición no Edificio Castelao(Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

En 1921, pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao trasladouse a Francia, Bélxica e Alemaña para coñecer e afondar na tradición artística e nas linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Esa estancia, que se estendeu desde xaneiro a outubro, tivo un gran impacto na súa evolución artística e literaria, así como no desenvolvemento da arte galega do século  XX.

As distintas etapas do seu percorrido, as súas impresións sobre as numerosas actividades culturais ás que asistiu e as súas reflexións sobre a arte e as obras que puido ver nos museos e exposicións que visitou quedaron recollidas no seu Diario.

O excepcional manuscrito orixinal xunto a reproducións da totalidade dos 131 debuxos que contén, fotografías, tarxetas postais, recortes e impresos diversos que o artista intercalou no texto, conforman a exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ que permanecerá aberta ao público desde o 2 de decembro ata o 23 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A mostra, comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve, exhibe tamén debuxos, apuntamentos e estudos orixinais realizados durante este período, así como outras obras moi significativas da súa produción posterior.

Hora

Decembro 2 (Xoves) - Xaneiro 23 (Domingo)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!