Concerto de Fran Fernández en Pontevedra

dom16abr00:00dom23:59Concerto de Fran Fernández en Pontevedra'Electrocanciograma Tour'00:00 - 23:59 La Gramola - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 16 de abril, La Gramola en Pontevedra, será o escenario da posta en escena do novo disco de Fran Fernández, dentro da xira ‘Electrocanciograma Tour’ coa que percorre toda a xeografía española.

O novo traballo ‘Electrocanciograma’ é un disco de cantautor do S. XXI, rodeado de elementos electrónicos e que segue avanzando co próximo lanzamento: ‘Recomendacioness para un mundo hostil’. A música como peza fundamental para sentirse reconfortado no vórtice destes días.

Cunha produción impecable de Óscar Herrador (Sabina, Melendi, Compay Segundo…) esta canción sen retrouso demostra unha vez máis a especialidade da música con fondo, para entrar nela unha e outra vez e navegar nas palabras que nadan nas atmosferas de guitarras eléctricas, instrumentos orgánicos de corda e percusións electrónicas.

Colaboracións con Marwan, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Carlos Goñi, avalan os 23 anos de traxectoria do cantautor granadino Fran Fernández.


Hora

(Domingo) 00:00 - 23:59

Localización

La Gramola

Praza de Mendez Nuñez, 1, 36002 Pontevedra

Está pasando!