setembro, 2022

Detalles do Evento

A programación musical da LIX Festa do Marisco do Grove dará comezo o xoves 29 na carpa de concertos da explanada do Porto coa actuación de Caballito e pecharán o mes de setembro Dorian o día 30.

Xoel López e Ale inaugurarán o mes de outubro cun concerto o día 1 continuando con Budiño o día 2. O martes 4 estará David Chiquillo, o mércores 5 A Banda do Sequío, o xoves 6 Fla-meco e a fin de semana abrirano o venres 6 Cruz Cafuné e Grande Amore. O sábado 8 de outubro será a quenda de Maika Makovski e Kula Shaker, mentres que o domingo 9 estará a mexicana Lila Downs. O luns 10 estarán Os Firrás e o martes 11 de outubro poñerán punto e final ao grande as Tanxugueiras xunto a Cinco en Zocas.

Como Dj’s convidados estarán Rapariga Dj e Nanein Dj.

Concertos de balde.


Concertos do Marisco 2022

Xoves 29 de setembro

  • Caballito

Venres 30 de setembro

  • Dorian

Sábado 1 de outubro

  • Xoel López
  • Ale

Domingo 2 de outubro

  • Budiño

Martes 4 de outubro

  • David Chiquillo

Mércores 5 de outubro

  • A Banda Do Sequío

Xoves 6 de outubro

  • Fla-meco

Venres 7 de outubro

  • Cruz Cafuné
  • Grande Amore

Sábado 8 de outubro

  • Maika Makovski
  • Kula Shaker

Domingo 9 de outubro

  • Lila Downs, dentro dos Concertos do Xacobeo

Luns 10 de outubro

  • Os Firrás

Martes 11 de outubro

  • Tanxugueiras
  • Cinco en Zocas

Dj Invitados

  • Rapariga DJ
  • Nanein DJ

LIX Festa do Marisco do Grove

A Festa do Marisco do Grove, unha das máis importantes de España a nivel gastronómico e declarada de Interese Turístico Nacional, reúne cada ano a multitude de xente que acode de todas as latitudes da península, e mesmo da veciña Portugal, para degustar exquisitos mariscos a prezos populares.

Este evento culinario, que terá lugar do 29 de setembro ao 12 de outubro e que este ano alcanzará xa a súa 59 edición, conta ademais cun amplo programa de actividades lúdicas para o gozar de público de todas as idades.

Descarga o programa da LIX Festa do Marisco do Grove en PDF


Hora

(Xoves) 21:30

Localización

Concello do Grove

Está pasando!