Concerto de SÉS en Vigo

sáb17xan20:30Concerto de SÉS en Vigo'Nadando na incerteza'20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, ‘Nadando na incerteza’, un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións.

O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

Elenco formado por SÉS (voz, guitarra e percusións), Sabela Galbán (acordeón, frauta, percusións e voz), Hirahi Afonso (timple canario e guitarra), Tito Calviño (guitarra) e Mayfer Pinto (percusións).

Entradas anticipadas á venda dende 16,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!