Presentación da XXIII Festa do Pan do Salnés | Concello de Ribadumia

A XXIII Festa do Pan do Salnés volverá a encher a Carballeira de Ribadumia de tradición, gastronomía e actividades para todas as idades

3 Agosto 2026

Ribadumia presentou a XXIII Festa do Pan do Salnés, unha das citas gastronómicas e etnográficas máis singulares da comarca que o sábado 8 de agosto, volverá a encher a Carballeira de Ribadumia de tradición, gastronomía e actividades para todas as idades

Concursos, moenda nos Muíños de Batán, actividades, degustación de pan, cea de confraternidade, música en directo, e moito máis agardan este sábado en Ribadumia.

Consulta a programación da xornada e organiza a túa visita para non perder ningún dos momentos desta festa.

  • De 17:00 a 19:00h. Recollida de sobremesas elaboradas con pan e empanadas de millo para o “XXIII Concurso de postres caseiros” e “XVI Concurso de empanadas de millo”.
  • 18:00h. Espectáculo ‘Carapuchiña’: Comedia de teatro familiar, que conta a historia de cómo dous panadeiros comezan a súa rutina diaria.
  • 19:00h. Actividades infantís relacionadas coa elaboración do pan.
  • 19:30h. Catas dos concursos de sobremesas caseiras e empanadas de millo, e deliberación do xurado.
  • 20:30h. Saída cara os Muíños do Batán acompañados do Grupo Xironsa e do Grupo de Teatro Alecrín. A continuación, representación da moenda de millo do país, e mostra da elaboración tradicional do pan de millo.
  • 22:00h. Volta á Carballeira de Ribadumia, para a entrega de premios dos concursos, degustación de distintas variedades de pan e cea de confraternidade amenizada con música tradicional. Animación para toda a familia con inchables.
  • 23:30h. Verbena a cargo do Dúo Gaia. A continuación, elaboración e degustación gratuíta de queimada.

Se queres vivir a festa igual que nos anos cincuenta, anímate a vir caracterizado!

Durante a xornada, os asistentes poderán degustar, a prezos populares, ovos fritos con pan a 2 euros, viño tinto do Salnés a 3 euros, tostas a 2,50 euros, papas de fariña milla ou chulas a 1,50 euros (ata agotar existencias).

A festa disporá espazo para 1.000 persoas (non se reservan mesas) con postos de venta de polbo, pan, empanadas e sobremesas.

Está pasando!