Concerto 'Wagner. Mujeres y Diosas' en Vigo

sáb01out20:00Concerto 'Wagner. Mujeres y Diosas' en VigoAmigos de la Ópera de Vigo20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 1 de outubro, o Teatro Afundación de Vigo acolle o concerto ‘Wagner. Mujeres y Diosas’, oganizado pola Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, dentro do ciclo ‘Voces para un otoño’.

A soprano Maribel Ortega, sen dúbida unha das voces wagnerianas máis importante do noso país, ofrécenos un indispensable concerto dedicado á presenza feminina na obra de Richard Wagner.

Na primeira parte gozaremos do temperán ciclo de 3 cancións ‘Trois Mélodies’, composto en 1.839 e dos ‘Wesendonk Lieder’. Mentres traballaba no primeiro acto de Tristán, no inverno de 1.857, Wagner puxo voz e piano a 5 poemas da súa entón, amante e musa, Mathilde Wesendonck quen, nas súas memorias, manifestou que lles daba, coa súa música, unha suprema “transfiguración e consagración” aos seus poemas. Neles, está o xerme musical de ‘Tristán e Isolda’.

A segunda parte do concerto está adicado a algunhas das grandes heroínas femininas da produción operística de Wagner. Elisabeth, ao comezo do acto II de ‘Tannhäuser’, manifesta o seu entusiasmo ante o regreso do protagonista na Sala dos Cantores de Wartburg. Brünhilde, expón a súa felicidade pola presenza de Sigfrido e a súa melancolía pola perda da súa condición divina. Acabaremos co canto de Isolda e coa súa delicada transfiguración para unirse, espiritualmente, con Tristán nunha procura da unión completa, máis aló da existencia física, ata lograr o amor pleno e absoluto transcendendo o mundo terreal.

PRIMERA PARTE
Trois mélodies
Dors, mon enfant (texto anónimo) WWV 53
Mignonne (texto de Pierre de Ronsard) WWV 57
L’attente (texto de Victor Hugo) WWV 55
Sonata en Si b mayor WWV21 Op. 1
II- Larghetto
Wesendonck Lieder (textos de Mathilde Wesendonck) WWV 91
I – Der Engel
II – Stehe still!
III – Im treibhaus
IV – Schmerzen
V – Träume
 
SEGUNDA PARTE
Tannhäuser WWV 70: Dich teure halle
Siegfried WWV 86c: Ewig war ich
Die Götterdämmerung WWV 86D: Siegfrieds Trauermarsch
(Transcripción para piano N. Lugansky / Carlos E. Pérez)
Tristan und Isolde, WWV 90: Mild und leise wie er lächel

Entradas anticipadas á venda dende 20 euros (Socios AAOV: 10 euros) en Ataquilla.com


Ciclo ‘Voces para un otoño’

Neste ciclo poderemos gozar de grandes voces lírica, en repertorios infrecuentes na nosa cidade. Concertos ‘distintos’, nun recinto de capacidade reducida, o que contribúe a que teñan un ambiente diferente, e máis íntimo, onde poderemos coñecer diferentes composicións e distintos autores.


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!