Delafé y las Flores Azules en Vigo

sáb27ago21:00Delafé y las Flores Azules en VigoFestival Terraceo21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Delafé y las Flores Azules marcaron toda unha xeración grazas a un selo inconfundible de hip hop de medio tempo acompañado de melodías doces e letras costumistas que romantizaban a cotiandade urbanita.

En 2015 Delafé y las Flores Azules separáronse e por fin, este 2022, despois de 7 anos de carreiras en solitario, Óscar D’ Aniello aka Delafé e Helena Miquel aka Las Flores Azules reencontraranse para facer unha moi solicitada xira polo estado español. Xunto a eles estará Dani Acedo, o músico e compositor co que traballaron desde o 2009. A xira revivirá os grandes clásicos do grupo acompañados pola formación de músicos cos que presentaron Vs Las Trompetas de la Muerte, a sección de ventos, guitarrista e baterista. Unha boa ocasión para volver escoitar en directo temas como Mar el poder del mar, Enero en la playa ou El Indio.

Un regreso moi esperado porque a súa vertente sobre o escenario era a súa cara máis potente. Delafé y las Flores Azules era como unha squad rapera, pero nun contexto de pop naive, fráxil, bonito e alegre. A besta escénica de Delafé, que cantaba e bailaba cun carisma desbordante, tiña o contrapunto da timidez contida, pero de voz profunda e doce de Las Flores Azules, e a forza de Las Trompetas de la Muerte.

Entradas anticipadas á venda desde 33,00 euros en teuticket.com


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!