Estatua de O Fisgón, Moaña | © Atlantis Comunicación

'Descubre Moaña na primavera': A Moaña mariñeira

ven05ago20:00'Descubre Moaña na primavera': A Moaña mariñeiraRutas guiadas gratuítas por moaña20:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira coñeceremos os detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. José Costa Alonso, e algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.

Visitaremos o estaleiro de Carlagho, sede da Asociación Sueste, no que descubriremos o interior dunha carpintería de ribeira, e o museo aberto das Carreiras de Meira.

Descubre Moaña no Verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada, “A Poza da Moura de Domaio“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!