Día de María Vinyals 2026 en Soutomaior

ven14ago11:30Día de María Vinyals 2026 en SoutomaiorCarballeira do Peirao de Arcade11:30 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

O Concello de Soutomaior presenta unha nova edición do Día de María Vinyals, unha cita que volverá render homenaxe á escritora, intelectual e pioneira do feminismo galego a través dunha programación pensada para achegar o seu legado á veciñanza dun xeito participativo e familiar.

A celebración desenvolverase o venres 14 de agosto na Carballeira do Peirao de Arcade, cun programa de balde que combina arte, tradición e lecer para todos os públicos.

A xornada comezará entre as 11:30 e as 13:30 horas cun obradoiro colaborativo de arte en vivo inspirado na figura de María Vinyals, no que participará a artista local Alba Troiteiro. A obra colectiva creada durante a actividade pasará a formar parte dunha exposición temporal na Biblioteca Municipal.

Pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase o obradoiro ‘A queixería’, unha proposta para recuperar a tradición da elaboración de queixos na fortaleza durante a época de María Vinyals. A programación rematará ás 18:15 horas con ‘A aventura da Marquesa Vermella’, un xogo de pistas con retos cooperativos e mensaxes ocultas para descubrir os segredos da vida da escritora.

Con esta iniciativa, o Concello de Soutomaior reafirma o seu compromiso coa divulgación da figura de María Vinyals e coa promoción de actividades que contribúen a conservar e difundir o patrimonio histórico e cultural do municipio.

Hora

(Venres) 11:30

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!