Cristina Acuña e Yonathan Carreira presentan o IX Stock Marín | Concello de Marín

Comeza unha nova edición do Stock Marín 2026, organizado polo Concello e o CCA Estrela de Marín

31 Xullo 2026

A IX edición do Stock Marín celebrarase do 31 de xullo ao 2 de agosto na Alameda Rosalía de Castro


A Concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Yonathan Carreira, presentaron na Alameda unha nova edición do Stock Marín. A montaxe desta edición, fíxose aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 17 de 55m e 5 de 33m.

O acto de inauguración, terá lugar o venres 31 de xullo ás 11:00 horas. Asistirán a alcaldesa do Concello de Marín, María Ramallo, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e o presidente do CCA Estrela de Marín, Antonio Muíños, ademais doutras autoridades locais.

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos interesantes, con descontos desde o 50%, productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas (o domingo pecharase ás 21:00 horas) e a entrada será gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, ás 19:0030 horas da tarde do domingo realizarase un sorteo presencial de 700 euros en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 14 vales de 50 euros, para canxear nos stands participantes nesta promoción. O gasto efectuarase durante a feira de stocks. Dos vales compra non se devolverá cambio. Máis info na web Estrela de Marín.

Tamén haberá un reparto de bolsas reutilizables da campaña ‘Comercio Compensa’, inciativa da Xunta de Galicia que promove un consumo responsable, sostible e de proximidade. A entrega das bolsas, farase previa presentación dun xustificante de compra, de mínimo 10 euros e ata fin de existencias.

Ademais o sábado en horario de 19:00 a 21:00 horas e dentro das múltiples actividades que se levan a cabo, a través do club de fidelización ‘Comercio de Marín’, repartiranse cucuruchos de palomitas previa presentación de xustificante de compra.

A organización agradece a predisposición do Concello de Marín, a colaborar con esta IX edición do Stock Marín, xa que asume parte dos custo. O evento conta ademais, coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Está pasando!