'O mundo máxico de Pinocho' en Redondela

dom09xan18:00'O mundo máxico de Pinocho' en RedondelaIV Ciclo de Teatro Infantil18:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Dentro do IV ciclo de teatro infantil, organizado polo Concello de Redondela, a compañía Educateatro porá en escena o espectáculo de teatro musical ‘O mundo máxico de Pinocho’.

En ‘O mundo máxico de Pinocho’, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto co Fada Mimadriña, Raposo e Gato, acompañarán a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade.

Un camiño que empeza no taller de Gepetto, e que pasará polo colexio, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro tentará raptalo e ata pola barriga dunha balea.

Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras pode ter malas consecuencias.

O prezo da entrada é de 3 euros.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!