'El Origen del Hielo' en Cangas

sáb05mar18:00'El Origen del Hielo' en CangasTributo a Frozen 18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

A compañía On Beat, presenta ‘El Origen del Hielo’, un tributo a Frozen.

Co seu estilo interactivo co público, a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo onde os personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión en familia está garantida. Máis de 800.000 espectadores viron xa as súas obras en toda España.

Tras o éxito do seu tributo ao Rey León (De Simba a Kiara), ou A Lámpara Marabillosa, a compañía Onbeat continúa na Gran Vía de Madrid con este marabilloso musical tributo a Frozen, facendo as delicias d@s máis ‘peques’ da casa.

O clima está a afectar o planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Julia decidiu investigar a Orixe do Xeo e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo.

Na súa procura descobre a un boneco de neve que lle conta a historia que hoxe é xa lenda dunha princesa capaz de xerar a neve; pero será na viaxe cara á súa orixe onde podería atopar as claves do seu pasado; e sobre todo, a solucións para o futuro.

Esa viaxe está cheo de aventuras, perigos, historias de amor e sobre todo das cancións míticas que homenaxean a película de animación máis importante de todos os tempos, ás que se incorporarán os temas das segunda parte.

Entradas anticipadas desde 12,00 euros á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!