Exposición ‘Crónicas en acuarela’ en Poio

xov09xulConsultarsáb08agoExposición ‘Crónicas en acuarela’ en PoioMacu Tovar(Consultar) Casal de Ferreirós - Poio

Detalles do Evento

Desde o xoves 9 de xullo, a artista Macu Tovar exporá as súas ‘Crónicas en acuarela’ no Casal de Ferreirós.

A exposición reúne unha selección de acuarelas nas que a autora plasma a súa particular visión da paisaxe, do patrimonio e dos lugares que a inspiran, entre as que se inclúen espazos emblemáticos de Poio.

Macu Tovar iniciou a súa traxectoria artística traballando con óleo e acrílico. Co paso do tempo, a necesidade de contar cunha técnica máis práctica para acompañala nas súas viaxes levouna a descubrir os cadernos de viaxe e, a través deles, a acuarela. Ese primeiro contacto coa técnica marcou un punto de inflexión no seu proceso creativo.

Posteriormente completou a súa formación en diferentes obradoiros impartidos por artistas especializados de ámbito nacional e internacional, como Laura, da academia O Reiben (Marín), Pablo Rubén (Madrid) e Jorge Corpuna (Perú). Grazas a esta aprendizaxe, afondou no coñecemento dunha técnica que define como esixente e intimamente ligada ao movemento da auga, unha característica que a fai tan imprevisible como fascinante.

A artista entende a acuarela como un proceso de aprendizaxe continuo, no que sempre hai novos matices por descubrir. A través desta técnica busca transmitir a beleza que atopa na natureza, nas vilas e nas persoas, convertendo cada obra nun reflexo da emoción e da observación do contorno.

A exposición pode visitarse no Casal de Ferreirós ata o 8 de agosto, con entrada libre e gratuíta.

Hora

Xullo 9 (Xoves) - Agosto 8 (Sábado)

Localización

Casal de Ferreirós

Av. Andurique, 43, 36163 Poio

Está pasando!