Samaín 2026 en Redondela

sáb31out17:00Samaín 2026 en Redondelaen diferentes localizacións da vila17:00 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Redondela celebra o sábado 31 de outubro, véspera de Defuntos, a súa tradicional festa do Samaín.

A programación organizada polo Concello de Redondela está pensada para todos os públicos e haberá actividades en diferentes localizacións como o Multiúsos de Chapela, o Multiúsos da Xunqueira, o paseo do Pexegueiro e as rúas do centro da vila. Ademais, todas as actividades son de balde.

Os máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros ‘Fai a túa cabaza’ e ‘Maquillaxe e tatuaxes de terror’. Os talleres serán nos Multiúsos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego de 17:00 a 20:00 horas.

O paseo do río Pexegueiro volverá transformarse nun Túnel do Terror desde as 18:30 até as 21:30 horas. Os máis atrevidos poderán experimentar un mundo de misterio, suspense “e moitos sustos”. Haberá sorpresas ao longo da ruta con personaxes e criaturas misteriosas. A organización advirte que é unha experiencia “intensa” para público a partir dos 12 anos. No caso de menores deben ir acompañados dun adulto. Aconséllase acudir cunha lanterna.

As rúas do centro da vila transformaranse nun gran escenario para acoller o espectáculo itinerante ‘Subumbra’, da recoñecida compañía Troula Animación. Criaturas e personaxes saídos da máis profunda escuridade dos tempos desfilarán pola vila nun formato visual impactante. A pirotecnia, a música e a maxia do pasarrúas farán vivir ao público sensacións “terroríficas”. A asombrosa comitiva partirá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas.

Como actividade previa, o xoves 29 de outubro ás 18.30 horas da man de Noela e o Trío Laredo (Celeste, Sofía e Will), a Biblioteca Xela Arias de Chapela acollerá a sesión ‘Contos da veciñanza’, deseñada especialmente para esta celebración.

Como incentivo especial para dinamizar o comercio da vila, baixo a iniciativa ‘Vive o Samaín’, os establecementos comerciais convidarán a caramelos ás crianzas, por cortesía do Concello de Redondela.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!