This is a repeating event

Festival Ameixa Rock 2026 en O Carril

dom06setConsultarFestival Ameixa Rock 2026 en O Carril6 e 7 de setembro de 2026(Consultar: domingo) Porto de Carril - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Ameixa Rock 2026 celebra este ano a súa décimo terceira edición cun cartel no que o grupo Bala encabeza a lista de grupos que actuarán nos concertos de balde que terán lugar na zona portuaria do Carril o sábado 5 a partir das 19:00 horas e o domingo 6 a mediodía.

A conexión punk entre O Carril-Vilaxoán farase a través The Eskarallas. O mesmo estilo será o que amosen Boogies, grupo gañador do concurso de bandas emerxentes, que mestura os ritmos máis punks coa música rock.

A animación dos Festicultores Troup tamén fará retumbar O Carril cunha actuación sorpresa e especial para este festival. E Storrentos actuará entre concertos o sábado, poñendo a nota divertida coas versións que fan dos “clásicos del rock de hoy y siempre”. Pechará a rolda musical do sábado noite, DJ Klempner.

Outra das singularidades do Ameixa Rock son as visitas medioambientais a Cortegada. Haberá dúas o sábado, unha de mañá e outra de tarde, e unha terceira o domingo pola mañá. Estas son as únicas actividades de pago, pero o festival ofrece prezos especiais (2×1) ás persoas que participen nelas.

A empresa local Corticata será quen se encargue das visitas. Dado que as prazas son limitadas, é necesario inscribirse previamente a través do teléfono 625 80 79 23 ou por e-mail: info@corticata.com

APP PROPIA

A organización estrea este ano unha App que se pode descargar dende a súa web https://ameixarockcarril.wixsite.com/website e na que se especifican todos os horarios dos concertos e das excursións a Cortegada, biografías dos grupos e outra información de interese. A aplicación foi deseñada por Antón Costa, membro da do festival.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Porto de Carril

Rúa Alameda Vella, 1 - Carril - 36610 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Está pasando!