Narci Rodríguez | @narcirodriguez

‘O Son de las Palabras’ con Narci Rodríguez‘ en Ribadumia

mér21out18:00‘O Son de las Palabras’ con Narci Rodríguez‘ en Ribadumiaprograma ‘Ler Conta Moito’18:00 Concello de Ribadumia - Ribadumia

Detalles do Evento

A Casa de Cultura de Ribadumia acollerá o vindeiro mércores, 21 de outubro, ás 18:00 horas, ‘O Son das Palabras’, un obradoiro de beatbox a cargo de Narci Rodríguez.

A actividade, dirixida ao público infantil e incluída no programa ‘Ler Conta Moito’, forma parte das propostas organizadas para conmemorar o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro.

A través desta actividade, a rapazada poderá descubrir as posibilidades sonoras da voz, transformando as palabras en sons de animais, robots, elementos da natureza ou naves espaciais. A proposta inclúe tamén un conto interactivo no que os nenos e nenas participarán engadindo efectos sonoros ás distintas situacións da historia.

A iniciativa enmárcase na programación cultural que o Concello de Ribadumia desenvolve ao longo do ano, con actividades dirixidas a diferentes públicos e propostas de distintas disciplinas nas instalacións municipais.

A biblioteca e a Casa de Cultura acollen iniciativas culturais e educativas, mentres que o Auditorio Municipal ofrece unha programación habitual de espectáculos e actuacións.

Hora

(Mércores) 18:00

Localización

Concello de Ribadumia

Está pasando!