'Galegas Dixitais' na Guarda

lun19set(set 19)09:00dom30out(out 30)14:00'Galegas Dixitais' na GuardaPrograma de Formación para a dixitalización de mulleres(setembro 19) 09:00 - (outubro 30) 14:00 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O Concello da Guarda colabora no Programa de Formación para a dixitalización de mulleres ‘Galegas Dixitais’, acollendo 3 módulos de formación que arrancan o 19 de setembro e durarán ata o 30 de outubro, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

É unha formación gratuíta dirixida a mulleres da Guarda orientada á mellora das capacidades dixitais, ao aumento das posibilidades de atopar emprego e adquirir os coñecementos en novas tecnoloxías precisos para o día a día.

Módulos:

  • Competencias dixitais básicas: Coñecementos dixitais para o día a día (40h).
  • Competencias dixitais avanzadas: Coñecementos dixitais para o traballo (40h).
  • Competencias dixitais para o empredemento: Coñecementos dixitais para o negocio (40h).

As inscricións están xa abertas nos teléfonos 986 61 00 00 e no whatsapp 604 039 575, na recepción do Concello da Guarda e na web http://galegasdixitais.es/


Hora

Setembro 19 (Luns) 09:00 - Outubro 30 (Domingo) 14:00

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!