xaneiro, 2022

Detalles do Evento

Obsesionada coa figura ausente e controvertida do seu pai (deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns) unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer á súa familia.

Facendo ao espectador cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, conta a súa batalla, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación e a memoria persoal e a colectiva. Esta é unha historia real revivida pola súa protagonista.

Datas:

  • Venres 21 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.
  • Sábado 22 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.
  • Domingo 23 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.

Idade recomendada: + 18 anos

Duración: 50 min.

Prezo:

  • Entrada xeral: 14€
  • Entrada anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1 horas antes do evento) en woutick.es

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!