setembro, 2022

Detalles do Evento

Potenciar as relacións e o crecemento empresarial dunha forma adaptada ao século XXI, pero sen perder os valores de proximidade que tiveron éxito no pasado, é o principal obxectivo do I congreso Atlantic Meet, que terá lugar no Pazo da Cultura entre os días 15 e 16 de setembro e que contará no seu programa con relatores da talla de Toni Nadal, Emilio Duró, Elsa Punset e Mario Alonso Puig. 

O evento, organizado en colaboración con Turismo de Pontevedra e a Xunta de Galicia, centrarase nas ‘Relacións persoais’ e está especialmente dirixido a aquelas persoas, sexan traballadores privados ou públicos, autónomos ou empresarios, que desexen fomentar vínculos, formarse, facer contactos, gañar visibilidade e desfrutar.

Ademais de poder gozar de relatorios de primeiro nivel e de mesas redondas con temas de actualidade, os asistentes ao simposio contarán con espazos para realizar comunicacións dos seus proxectos e empresas e de diversas actividades ‘satélite’ de lecer arredor do mesmo: roteiros turísticos, unha ruta de tapas pola cidade e un cóctel-concerto.

Á marxe da propia formación, os asistentes a este curso, que terá unha duración dunhas 18 horas e que tamén inclúe actividades de networking, participarán nun proceso de psicoloxía empresarial co que poderán continuar a súa mellora e desenvolvemento persoal.

Aos relatorios de grandes expertos e expertas no campo da empresa e o crecemento persoal e de equipo sumaranse mesas redondas con temas actuais e de interese, como a internacionalización a través do Camiño de Santiago ou a economía circular, e espazos de exposición no que as empresas terán a oportunidade de presentar os seus proxectos.

O evento está aberto a todo o mundo, non só empresari@s e autónom@s, senón tamén a empregados en xeral ou funcionarios, que desexen escoitar as conferencias ou asistir ao cóctel (de feito, poden expoñerse proxectos persoais). As entradas estarán á venda a partir do venres 18 de marzo na web do evento: www.atlanticmeet.com.

Hora

Todo o día (Venres)

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Pazo da Cultura de PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!