This is a repeating event

III Certame Gastronómico TapeaPoio 2026

dom17maiConsultarIII Certame Gastronómico TapeaPoio 2026do 1 ao 17 de maio de 2026(Consultar: domingo) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

A terceira edición do certame gastronómico TapeaPoio terá lugar do 1 ao 17 de maio en 23 establecementos de todo o concello, que ofrecerán un total de 28 tapas divididas nas modalidades creativa e tradicional.

As tapas volverán ter un prezo único de 4 euros. Tras degustalas, os clientes poderán votar por cada unha delas de forma electrónica ou mediante voto en urna. Só será válido un voto por persoa e tapa. O xurado experto tamén valorará cada unha das tapas segundo os criterios establecidos para as categorías tradicional e creativa.

Despois de rematar o certame, recontaranse os votos do público e as valoracións do xurado para determinar as mellores tapas de cada modalidade. O xurado outorgará un premio á mellor tapa tradicional e outro á mellor tapa creativa. As dúas tapas con máis votos do público en cada categoría recibirán un primeiro e un segundo premio. Os premios para os restauradores son proporcionados por Supermercados Froiz e suman un total de 3.000 euros para mercar no “Cash Froiz”, a canle da distribuidora para os profesionais. Ademais, os 23 restauradores recibirán unha placa de recoñecemento como participantes.

Na edición de 2025, os premios para os restauradores recaeron en Casa Ces (primeiro premio do Público en tapa tradicional e creativa e premio do Xurado en tapa Tradicional), o Restaurante Evoca (premio do Xurado na categoría de tapa Creativa). Ademais, o restaurante Entrepedras e a Cafetería Ferreti tamén recolleron cadanseu segundo premio.

Ao rematar o certame, tamén se sortearán premios entre as persoas que degusten e voten a súa tapa favorita. Estes premios están valorados en preto de 7.000 euros e inclúen menús degustación nos restaurantes Pepe Vieira e Casa Solla e outros, cestas de produtos de Supermercados Froiz e Conservas Pescamar, pasaxes á illa de Tambo, bonos de estancia en aloxamentos do municipio, vales para establecementos do municipio, actividades turísticas e máis.

Todos os premios se entregarán na III Gala da Hostalaría de Poio, que se celebrará o 8 de xuño no Pazo de Colón e servirá para “facer protagonistas e poñer en valor ás persoas que fan de Poio un referente gastronómico: os nosos hostaleiros e restauradores.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E AS SÚAS TAPAS:

Os 23 establecementos participantes ofrecerán un total de 28 tapas -18 en modalidade creativa e 10 en modalidade tradicional- a un prezo único de 4 euros por tapa.

  • Bar Coral (Raxó). Torrixa con carrillera en Modalidade creativa
  • Café Bar Aquelo (A Seca – San Xoán). Cruxiente de mar nocturno en Modalidade creativa
  • Cafetería Ferretti (Raxó). B de polo en Modalidade creativa
  • Casa Angelita (Lourido – San Salvador). Carrilleras con frijoles de hummus de garavanzo en Modalidade creativa
  • Casa Aurora (Raxó). Brioche con carrillera e crema de cítricos en Modalidade creativa
  • Casa Ces (San Salvador). Como un porquiño en Modalidade creativa, e O cordeiro é a pera en Modalidade tradicional
  • Depiqui enpiqui (Raxó). Ensaladilla Piqui escabechada, con zamburiña en salsa de vieira e arepiña da Yude en Modalidade creativa
  • Entrepedras (Combarro). Xudías con xamón en Modalidade tradicional
  • La Espuela (Combarro). Bocado de ouro en Modalidade creativa e Tesouro do mar á mariñeira en Modalidade tradicional
  • Lameiriña (Raxó). Zamburiña gold en Modalidade creativa
  • Maruxa Marisqueira (Raxó). Volován de carrillera e parmentier de San Simón en Modalidade creativa e Ensaladilla de mexillón con escabeche caseiro en Modalidade tradicional
  • Mirabous (Combarro). Full Crunch Burger en Modalidade creativa
  • Moxena’s Coffee (Combarro). Brétema de Tambo en Modalidade creativa
  • Bocoi (Combarro). Fabas con pulpo en Modalidade tradicional
  • O Poleiro (Combarro). Leite frito de langostino en modalidade creativa
  • Peirao (Combarro). Combarro no camiño do mar con millo corvo e berberechos en Modalidade creativa e Leite frito de langostino en Modalidade tradicional
  • Recuncho do Lolo (O Covelo – Samieira). O pecado do Lolo en Modalidade creativa
  • Pinela Terraza (San Xoán). Perla negra en Modalidade tradicional
  • Restaurante Evoca (Combarro). Robaliza na primavera en Modalidade creativa e Bolos de vento de bacallau en Modalidade tradicional
  • Ría de Combarro (Combarro). Mexillóns empanados en Modalidade creativa e Chipiróns encebolados en Modalidade tradicional
  • Tapería Pedramar (Combarro). Tosta de polbo grellado con queixo tetilla en Modalidade tradicional
  • Tintanegra (Combarro). Costilla grellada en Modalidade tradicional
  • Torna (Combarro). Saam de langostino en Modalidade creativa.

Toda a información sobre o certame en tapeapoio.gal

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!