'Lebres coma gacelas'

lun04outConsultardom28nov'Lebres coma gacelas'exposición de fotografía e poesía(Consultar) Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra - Vigo

Detalles do Evento

Xela Arias é a autora conmemorada nas Letras Galegas 2021, muller inconformista e intempestiva que deixou un importantísimo legado poético referente para presentes e futuras xeracións e á que, desde a Deputación de Pontevedra, queren renderlle a súa propia homenaxe.

Tomando como inspiración a súa obra Tigres coma cabalos (1990), na que cada poema da escritora se confronta cunha imaxe do fotógrafo Xulio Gil, nace este proxecto multidisciplinar que mestura palabra e imaxe, poesía e fotografía en perfecta simbiose. Lebres coma gacelas establece unha analoxía con ese curioso título, pero escolle dous nomes de animais en feminino cunha clara declaración de intencións, reforzada ademais pola asociación simbólica que estes teñen coa intelixencia, coa axilidade e coa liberdade.

Esta mostra presenta poemas de autoras referentes na escrita galega, que crearon un diálogo ex professo para a fotografía contemporánea de dous artistas con estilos diferenciados, que retratan o corpo e o contorno cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata.

Deixémonos levar polo impulso creativo e polo xogo fonético da poesía e da imaxe, observemos con astucia e movámonos con presteza. Sexamos libres coma gacelas.

Hora

Outubro 4 (Luns) - Novembro 28 (Domingo)

Localización

Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!