'Mestre ma non troppo'

sáb13nov19:00'Mestre ma non troppo''Tornar ás táboas'19:00 Concello de Catoira - Catoira

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o sábado 13 de novembro no Auditorio Municipal de Catoira, Bandullo Azul presenta o espectáculo ‘Mestre ma non troppo’.

Na sociedade dos ‘talent show’, esta comedia triste rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca.

Interpretada por Fran Campos e dirixida e escrita por Fran Ameixeiras, ‘Mestre ma non troppo’ convida ao espectador, de volta á casa, a reflexionar sobre a súa propia actuación e sobre as súas metas.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Concello de Catoira

Está pasando!