Miranda Liu | © Suha Péter

This is a repeating event

New Millenium International Chamber Music Festival

xov06abr00:00xov23:59New Millenium International Chamber Music FestivalEdición Vilagarcía de Arousa00:00 - 23:59 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O New Millenium International Chamber Music é un festival e academia de música de cámara que celebrará unha edición especial en Vilagarcia de Arousa grazas á Sociedad Filarmónica de Vilagarcía e ao programa europeo Erasmus Plus.

O NMICMF e Academia nace en Budapest da man da súa directora artística, a violinista Miranda Liu. ​

Grazas á coordinación entre Miranda e a SFC e os fondos europeos de Erasmus+ gozaremos en Vilagarcía de Arousa dunha edición especial que se desenvolverá do 3 ao 7 de abril de 2023.

Espazos tan emblemáticos da cidade como o Auditorio Municipal, Salón García, Pazo de Rubianes ou Pazo do Castriño serán as sedes de concertos, masterclases, talleres de formación e moitas outras actividades relacionadas coa música de cámara.

A programación de concertos do New Millenium Internacional Chamber Musif Festival publicarase o próximo mes de marzo de 2023.



MASTERCLASS

O NMICMF ofrecerá un programa de formación específico totalmente gratuíto para todos os alumnos seleccionados con masterclases individuais e/o de cámara, talleres de formación e conferencias. ​

A Academia ofrece educación de calidade e oportunidades de aprendizaxe en liña para músicos que teñan unha alta motivación na aprendizaxe. Os participantes poden aprender de músicos de renome mundial que están activos na escena musical europea.

A Academia promove a inclusión, a diversidade e a igualdade de xénero, xa que o talento é independente do xénero, a idade e os antecedentes. Tamén apoiamos aos músicos a través de bolsas. ​ Ademais destas clases, algúns alumnos terán a oportunidade de tocar música de cámara cos mestres do curso e participar nos concertos do festival.

Hora

(Xoves) 00:00 - 23:59

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!