'Patapatúm'

sáb04dec18:00'Patapatúm'Elefante elegante18:00 Centro Cultural da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O sábado 4 de decembro ás 18:00 horas o Centro Cultural da Guarda acolle a obra de teatro familiar ‘Patapatúm’ da Compañía Elegante Elefante.

‘Patapatum’ é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá.

‘Patapatum’ é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.

As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Centro Cultural da Guarda

Rúa Rosalía de Castro, 3, 36789 A Guarda

Está pasando!