outubro, 2021

02out10:0013:30Rutas de ArquitecturaMORAÑA-CATOIRA. Comarca de Caldas10:00 - 13:30 Provincia de PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

Os pazos, mosteiros, as construcións civís, castrenses e relixiosas da provincia, son os protagonistas das Rutas de Arquitectura cos que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para difundir o noso patrimonio en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.

Nesta edición serán catro as andainas previstas, que percorrerán espazos de dez concellos da provincia e que terán lugar os sábados pola mañá do 18 de setembro ao 9 de outubro, cun total de 100 prazas.

Cada un dos catro itinerarios, que terán lugar en horario de 10:00 a 13:30 horas, contará con 25 prazas e terá como guías ás doutoras en Arquitectura Estefanía López e Luz Paz.

Para participar é precisa a inscrición previa, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto.

  • Inscrición: roteiros.cultura@depo.gal
  • Prazas limitadas: 25 persoas por ruta
  • Indicaranse o nome da ruta, os nomes das persoas participantes (máximo 4 por reserva) e un número de teléfono de contacto.
  • Será obrigatorio o uso da máscara
  • Os traslados entre os diferentes puntos da visita faranse en vehículo particular

PONTEVEDRA-POIO. Comarca de Pontevedra

  • Sábado 18 de setembro, de 10:00 a 13:30
  • Estefanía López
  • Punto de partida: ruínas de San Domingos
  • Ruínas de San Domingos, pazos urbanos de Pontevedra, igrexas da Peregrina e de San Bartolomé, mosteiro de Poio

OIA-A GUARDA-TOMIÑO. Comarca do Baixo Miño

  • Sábado 25 de setembro, de 10:00 a 13:30
  • Estefanía López
  • Punto de partida: Galiña Azul de Oia (A Riña, 7)
  • Mosteiro de Santa María de Oia, igrexa de Santa María da Guarda, castelo de Santa Cruz, fortaleza de San Lorenzo de Goián

MORAÑA-CATOIRA. Comarca de Caldas

  • Sábado 2 de outubro, de 10:00 a 13:30
  • Luz Paz
  • Punto de partida: santuario dos Milagres de Amil, Moraña
  • Santuario dos Milagres de Amil, torres de Oeste en Catoira, ermida e carballeira de San Cibrán de Dimo en Catoira

MEIS-CAMBADOS-RIBADUMIA. Comarca do Salnés

  • Sábado 9 de outubro, de 10:00 a 13:30
  • Luz Paz
  • Punto de Partida: Mosteiro da Armenteira, Meis
  • Mosteiro da Armenteira, igrexa de Santa María Dozo, pazo Quinteiro da Cruz

Hora

(Sábado) 10:00 - 13:30

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!