Sesión do Cineclub Marín dedicada á curtametraxe

xov22out20:30Sesión do Cineclub Marín dedicada á curtametraxesexto aniversario de Marín de Cine20:30 Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

A Asociación Marín de Cine adianta a celebración dos seus seis anos, que se cumprirá en novembro, cunha sesión do Cineclub Marín dedicada á curtametraxe.

Será o xoves 22 de outubro, ás 20.30 horas, no Hotel Villa de Marín.

Proxectaranse catro curtas premiadas na MAC Marín: ‘O corpo de Cristo’, de Bea Lema; ‘Nur Sultán’, de Xoán Escudero; ‘Esto no es Noruega’, de Alicia Albares e Paco Cavero; e ‘Antes de que se poña o sol’, de Nani Matos.

A achega colaborativa para o público xeral é de 4 euros.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!