Visitas guiadas nocturnas ás pontes de Pontevedra

ven01xul22:30sáb17set(set 17)22:30Visitas guiadas nocturnas ás pontes de Pontevedravisitas guiadas oficiais(xullo 1) 22:30 - (setembro 17) 22:30 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

As luces da noite enchen de encanto os recunchos da cidade de Pontevedra. Chaman a atención as súas pontes iluminadas que ven reflectidos nas augas do río Lérez. Sen dúbida as pontes son grandes protagonistas en Pontevedra, unha cidade atravesada polo río, e unha bonita estampa da que poder gozar a poucos metros do centro da cidade.

A través das pontes, percorreremos a historia e orixe de Pontevedra así como a súa importancia portuaria e mariñeira. Falaremos da época na que as augas deste río eran embotelladas e exportadas. Atoparémonos co trazado do Camiño portugués a Santiago e a súa iluminación e chegaremos ata a idade moderna da man dun das pontes máis singulares de España.

Ás 23.00 horas gozaremos do xogo de luces da nova iluminación do Puente do Burgo e da ponte das Correntes.

Tarifas

  • Xeral: 8€
  • Reducida: 5€ (Parados/as, estudantes, xubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 años: de balde

Horarios

  • Os venres e sábados ás 22.30 h, do 1 de xullo ao 17 de setembro.

Punto de encontro

  • Mercado de Abastos, na dirección Rúa Serra, 5.

+info e reservas en visit-pontevedra.com


Hora

Xullo 1 (Venres) 22:30 - Setembro 17 (Sábado) 22:30

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!