This is a repeating event

XIV Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra

mér29xulConsultarXIV Torneo Internacional de Xadrez Cidade de PontevedraEscola Xadrez Pontevedra(Consultar: mércores) Pavillón Universitario de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Escola Xadrez Pontevedra organiza unha nova edición do prestixioso Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, que se celebrará do 24 ao 30 de xullo de 2026.

Este evento, que conta co financiamento do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo contará coa presenza da Mestra Internacional Sabrina Vega, unha das grandes referentes do xadrez feminino en España. 

O torneo disputarase no Pavillón Deportivo Universitario, unha localización moi aplaudida pola súa accesibilidade e integración no centro da cidade, o que permite aos deportistas gozar do lecer e a cultura pontevedresa a pé.

Esta edición podería superar os récords históricos de Galicia, con máis de 250 xogadores inscritos, 22 nacionalidades (destacando 17 representantes da India) e 51 xogadores con titulación internacional.

Finalmente, o torneo retransmitirá as súas partidas en directo a través das grandes plataformas de xadrez de internet, co obxectivo de proxectar a imaxe da cidade ao mundo e tentar superar o millón de visualizacións acadado na pasada edición.

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Pavillón Universitario de Pontevedra

Rúa da Cruz Vermella, s/n - 36002 Pontevedra

Está pasando!