XXV Xornadas Blanco Freijeiro en Marín

xov26nov20:00XXV Xornadas Blanco Freijeiro en Marín'A cultura tradicional galega: entre historia e continuidade'20:00 Museo Manuel Torres - Marín

Detalles do Evento

O Museo Municipal Manuel Torres acolle as XXV Xornadas Blanco Freijeiro de Arte, Arqueoloxía e Historia, organizadas polo Concello de Marín. 

Baixo o lema «A cultura tradicional galega: entre historia e continuidade», do 24 ao 28 de novembro, ás 20:00 horas, desenvolveranse charlas e relatorios da man de ponentes dunha elevadísima calidade.

  • Martes 24. «Memorias dun amador da música popular sobre o cantigueiro galego». Antón Santamarina Fernández, catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e coautor do ‘Cancioneiro popular galego’, repasará como cambiou a transmisión das cantigas desde finais dos anos corenta do século pasado e como a música e a lírica populares atoparon novas formas de continuidade nas vilas e nas cidades.
  • Mércores 25. «Galicia, un mundo de pedra». O arquitecto Pedro de Llano Cabado, autor de ‘Arquitectura popular en Galicia’ e Premio Especial á Traxectoria Profesional nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Xunta, analizará a relación entre a arquitectura popular e a paisaxe, a razón das súas solucións construtivas e o que podemos aprender delas hoxe.
  • Xoves 26. «Continuidade e mudanzas na Galicia rural contemporánea (s. XIX-XX): fillos de moza, homes da maleta». José María Cardesín Díaz, catedrático de Historia dos Movementos Sociais da Universidade da Coruña, abordará as transformacións económicas e sociais do rural galego e a súa repercusión na cultura tradicional. Deterase no papel das migracións, primeiro cara a América e, máis adiante, cara a outros puntos de España e de Europa.
  • Venres 27. «Dos avós aos netos: o tempo e o espazo en tempos da IA». O antropólogo e escritor Manuel Mandianes Castro, de longa traxectoria investigadora no CSIC, refl exionará sobre como as sociedades organizan o tempo e lle dan significado a través dos calendarios e das festas, e sobre como cambian as celebracións que marcan a vida colectiva. Ás 21.30 horas, Beatriz Rodríguez Gómez presidirá a clausura e a entrega de diplomas de asistencia.
  • Sábado 28. Visita ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. A saída está prevista ás 9.30 horas desde a praza de España e o regreso a Marín, ás 13.30 horas.

Os relatorios celébranse no Museo Municipal Manuel Torres, na avenida de Ourense, 3. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse no correo xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Museo Manuel Torres

Avda. de Ourense, s/n 36900 Marín

Está pasando!