This is a repeating event

XXX Xogos de Verán de Lourido

mér29xulConsultarXXX Xogos de Verán de LouridoAA VV Cultural e Deportiva de Lourido(Consultar: mércores) Praia de Lourido - Poio

Detalles do Evento

Organizados pola Asociación Cultural e Deportiva de Lourido, coa colaboración do Concello de Poio, os XXX Xogos de Verán desenvolveranse do 27 de xullo ao 1 de agosto cunha programación chea de actividades deportivas, obradoiros e espectáculos para toda a familia.

Durante seis días, Lourido converterase nun espazo de encontro, deporte e lecer, con propostas para todas as idades. As actividades concentraranse nas tardes, agás o sábado 1 de agosto, cando tamén haberá programación pola mañá. O público poderá participar en disciplinas como fútbol 6 base, vólei praia, tenis praia, petanca, ximnasia, chave ou zumba, ademais doutras actividades lúdicas e de animación.

Todas as actividades son gratuítas, pero é preciso realizar unha inscrición previa a través da páxina web xogosdelourido.com, onde tamén se pode consultar a programación completa, as diferentes modalidades e os horarios das competicións. No caso do torneo de fútbol 6 base, as inscricións realizaranse a través do WhatsApp 606 257 171 ou do correo electrónico clubfutbolbasepoio@gmail.com, indicando o nome, apelidos e DNI dos compoñentes de cada equipo.

PROGRAMACIÓN

Os Xogos de Verán arrancarán o luns 27 de xullo, ás 18.00 horas, coa pista de obstáculos. A continuación disputarase o primeiro partido do torneo de fútbol 6 base, as primeiras roldas de vólei praia e as eliminatorias de petanca.

martes 28, tamén desde as 18.00 horas, haberá obradoiros de manualidades para a rapazada. Tras o encontro de fútbol 6 base celebraranse as segundas roldas de vólei praia. Ás 19.00 horas organizaranse xogos populares e a xornada rematará coa tradicional carreira de caramelos.

mércores 29 volverá abrir a programación a pista de obstáculos, seguida dun novo partido do torneo de fútbol 6 base. A partir das 19.00 horas disputaranse as semifinais de vólei praia e a primeira rolda de tenis praia. Tamén haberá xogos populares, partidas de cartas e unha exhibición de ximnasia rítmica para pechar a xornada.

xoves 30 comezará novamente coa pista de obstáculos. Despois do partido de fútbol 6 base será a quenda do espectáculo ‘Pirata’, de Barafunda Teatro. A programación completarase con novos encontros de vólei e tenis praia, xogos populares, as semifinais de chave e unha nova carreira de caramelos.

venres 31 de xullo a xornada arrancará cunha xincana, seguida dunha sesión de zumba e da final de chave. As probas de bici praia e o tradicional partido de fútbol de persoas solteiras contra casadas porán o peche ao día.

Os Xogos de Verán concluirán o sábado 1 de agosto cunha intensa xornada final. Ás 9.00 horas celebrarase o concurso de pesca e ás 10.30 horas terá lugar a carreira popular. Xa pola tarde, o Parque Costa Xiráldez acollerá o fin de festa, coa entrega de premios, a actuación de Vides Novas e a animación musical dun DJ.

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Praia de Lourido

Avda. da Praia, Lourido 36163 Poio

Está pasando!