This is a repeating event

XXXIX Festa do Choco de Redondela

sáb09maiConsultarXXXIX Festa do Choco de Redondela 8, 9 e 10 de maio de 2026(Consultar: sábado) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Festa do Choco de Redondela, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebrará súa XXXIX edición os días 8, 9 e 10 de maio, cunha programación que inclúe rutas marítimas, grandes concertos e o pregón do ex-presidente cántabro. 

Os establecementos participantes nos postos de degustación da carpa prepararán uns 1.000 quilos de cefalópodo de Redondela en especialidades como choco na súa tinta, á feira, en empanada, á plancha ou croquetas de choco.

Unha das novidades desta edición será a presenza de Miguel Ángel Revilla. O recoñecido político e comunicador ofrecerá unha charla no auditorio do Multiúsos da Xunqueira o sábado 9 ás 19:00 horas, e será o encargado de dar o pregón oficial o domingo 10 ás 12:30 horas na carpa do Campo da Feira.

Para o coloquio no auditorio poranse a disposición do público as entradas gratuítas o mesmo día no Multiúsos a partir das 16.00 horas (máximo 2 entradas por persoa).

A festa contará cun amplo abano de actividades que combinan o lecer coa posta en valor do patrimonio natural:

  • Rutas Marítimas: Durante os tres días realizaranse visitas en barco pola illa e a enseada de San Simón (6 euros), con saídas dende Cesantes e o Museo Meirande. Ademais, haberá rutas de marisqueo a pé polo porto o venres e sábado pola tarde (6 euros). Reservar de entradas na Oficina de Turismo (986 401 713) e en barcosdegalicia.com.
  • Apertura da Carpa de Degustación: O venres 8 ás 19:30 horas terá lugar a inauguración oficial no Campo da Feira, cun horario continuo ata o peche. Participan os restaurantes Casa Chano, Lugar da Serra, Quinta das Eiras, O Tranquilo, panaderías Vila dos Viaductos e Cruceiro, PaladarQueso, Vilalongo e Embutidos Rodríguez Amoedo. Tamén haberá oco para a artesanía con Artesanía Lelate.
  • Grandes Concertos e Verbenas:

    • Venres 8: Orquestra de Saxos (20:00 horas), Grupo América de Vigo (22:30 horas) e DJ JJ Compota.
    • Sábado 9: Grupo de gaitas Airiños de San Simón, Tanto nos Ten (20:45 horas), gran verbena coa Orquestra Combo Dominicano (23:00 horas) e DJ Airan.
    • Domingo 10: Pasarrúas coa Banda de Música de Chapela, pandeireteiras Froles Mareliñas, O Carballo das Cen Pólas, a Rondalla de Redondela (17:30 horas) e concerto de peche con Pa Ti Na Má (19:45 horas).

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!