Presentación da Festa dos Libros 2026 | Concello de Pontevedra

Máis de cen autores e autoras daránse cita na novena Festa dos Libros de Pontevedra

26 Xuño 2026

Está organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga.


Pontevedra acollerá a primeira fin de semana de xullo –venres 3, sábado 4 e domingo 5– a novena edición da Festa dos Libros, que encherá a carpa da praza da Ferraría de literatura, encontros arredor da lectura e propostas culturais para todos os públicos.

Organizada polo Concello de Pontevedra, a festa conta coa colaboración de trece librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga. Ademais, a editorial pontevedresa Kalandraka contará cun espazo propio no que exhibirá as súas publicacións.

A carpa permanecerá aberta ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.30 horas (agás o domingo, que pechará ás 22.00 horas).

Ademais dos postos de venda das librarías, o evento reunirá a máis dun cento de autores, autoras e profesionais do ámbito editorial e cultural que protagonizarán un amplo programa de actividades destinadas a fomentar a lectura e o amor polos libros. Entre os nomes máis destacados figuran Manuel Rivas, Manuel Jabois, Manel Loureiro, María Oruña, Arantza Portabales, Paula Carballeira, Elvira Mínguez, Francisco Narla, Ana Romaní, María Solar, Alfredo González-Ruibal ou Xesús Fraga, entre outros.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez Xunqueira, acompañado por representantes das librarías colaboradoras, presentou o programa, que abrangue propostas para todas as idades e que abrirá cada unha das tres xornadas con actividades dirixidas ao público infantil.

Está pasando!