Presentación do 'Nadal Artístico' | © Asociacion Veciñal Salcedo Norte
Presentación do ‘Nadal artístico’ | © Asociacion Veciñal Salcedo Norte

‘Nadal artístico’, o mercadillo de Nadal da Asociación Veciñal Salcedo Norte chega este domingo ao Centro Sur de Pontevedra

15 Decembro 2023

A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza o domingo, 17 de decembro, de 11:00 a 20:00 horas no Centro Sur (Rúa Luis Braille, 40. Antiga residencia da ONCE en Campolongo), un mercadillo de Nadal no que participarán artistas e artesáns que expoñerán as súas obras para a venda “a prezos módicos”.

Ademais haberá varios obradoiros gratuítos, concursos de debuxo e pintura para nenos/as, postos de comida e doces de nadal, sorteos…

Desde a Asociación Salcedo Norte aseguran que vai ser “un día diferente para pasar en familia e colaborar con mozos emprendedores” e esperan “que resulte unha actividade de interese para todas as persoas que se acheguen ao noso centro social para alcanzar o éxito de público desexado”.

A ídea xurdiu da xove ilustradora D. Jineta que ademais é a autora do cartel anunciador.

Nesta xornada a solidariedade será a protagonista, recolleranse alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos de Pontevedra.


Está pasando!