O cuarteto internacional de violonchelos Sul Ponticellas ofrecerá un concerto no IES Illa de Tambo de Marín

17 Novembro 2026

Con motivo da celebración do Día de Santa Cecilia e do 74 aniversario do Ateneo marinense, o vindeiro venres, 20 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín o concerto de Sul Ponticellas e unha emotiva homenaxe ás persoas que forman parte do Ateneo.

Sul Ponticellas é un cuarteto internacional de violonchelos creado en marzo de 2025 polas intérpretes Lorena Yáñez, Jessica Gonçalves, Paula García e Verónica Valido. Grazas á súa ampla experiencia artística como integrantes de bandas municipais, agrupacións de cámara e orquestras sinfónicas, o cuarteto ofrece un repertorio moi variado que abarca desde obras clásicas e do repertorio operístico ata adaptacións e arranxos da música actual, con representación de estilos tan diversos como o tango, a balada, o pasodobre, o pop e o rock, entre moitos outros.

O cuarteto Sul Ponticellas ten ofrecido numerosos concertos polo territorio galego e estatal, así como múltiples actuacións en cerimonias, actos, eventos, sesións vermú…

No concerto do 20 de novembro farán mostra desta gran variedade de estilos que domina a formación, interpretando algunhas pezas clásicas moi coñecidas como ‘Guillermo Tell’, grandes éxitos internacionais do pop e rock como ‘Mamma Mia’ ou ‘Eye of the Tiger’ e cancións que forman parte da vida de calquera persoa española como ‘Mi gran noche’.

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do salón de actos.

Está pasando!