O equipo de programación do Galician Freaky Film Festival percorre o mundo na procura das mellores curtametraxes fantásticas

28 Agosto 2026

  • A Selección Oficial do GFFF reúne 63 curtametraxes de todo o mundo, con estreas mundiais, españolas e galegas e propostas chegadas de países como Corea do Sur, Taiwán, Canadá ou Reino Unido.
  • O festival divide a competición en oito bloques e incorpora este ano o ‘Méliès d’Argent’, un dos grandes recoñecementos do cinema fantástico europeo.

A Selección Oficial é a orixe e unha das partes fundamentais do Galician Freaky Film Festival, que se celebra na Plaza Elíptica de Vigo do 17 ao 26 de setembro. Detrás das 63 curtametraxes que este ano chegan ás pantallas dos Cines Tamberlick hai meses de traballo por parte do equipo: visitar festivais internacionais, revisar programacións, seguir de preto o traballo de directores e produtoras e rastrexar o que se está facendo en diferentes países para construír unha selección que reúne as propostas máis interesantes do cinema fantástico do último ano a nivel mundial. Dos 63 filmes exhibidos, 24 son estreas en Galicia e 24 en España, ademais de contar con 1 estrea europea, 1 internacional e 1 mundial, o que dá boa conta do labor de búsqueda que realiza o equipo.

As curtametraxes distribúense en oito bloques que amosan diferentes caras do xénero: ‘Alimento para o Maxín’, ‘Arrepío’, ‘Ciencia Ficción’, ‘Co Cu Torcido’, ‘Fantástico!’, ‘Humor Freak’, ‘Que Carallo é Isto?!’ e ‘Serie B-estial’. Unha clasificación que permite pasar do terror ao humor absurdo e de propostas convencionais a películas difíciles de clasificar. Tamén hai propostas para todos os grados de frikismo, tanto os veteranos que buscan novos horizontes, como os que se achegan ao festival por primeira vez.

Este ano o GFFF reúne curtas procedentes de países de Europa, América e Asia, con presenza de cinematografías como a coreana, taiwanesa ou finlandesa, xunto a propostas chegadas de lugares menos habituais no circuíto, como Camboxa ou Filipinas. Tamén estarán presentes filmes de Reino Unido, Armenia, Perú, México, Brasil, Israel, Estonia, Hungría, Noruega ou Canadá, ademais dunha ampla representación estatal.

A selección tamén pon o foco no talento próximo. Entre as curtametraxes galegas están ‘Ante o avesío’, de Xaime Miranda; Lucus, de David Fidalgo; ‘Cara de cona’, de Guillermo de Oliveira; ou ‘Onde Cristo falou con Rosa’, de Pablo Fontenla.

Xurado GFFF 2026 | Galician Freaky Film Festival

XURADO INTERNACIONAL E PREMIOS

O xurado da Selección Oficial está formado por tres profesionais vinculados ao cinema fantástico e á programación cinematográfica: Chris Orgelt, Mentxu Sesar e Xiana Vázquez.

Chris Orgelt (Bélxica) é director de programación do Brussels International Fantastic Film Festival (BIFFF), un dos festivais de cine fantástico máis recoñecidos internacionalmente. Mentxu Sesar (País Vasco) é realizadora, produtora e profesional da comunicación e da programación cinematográfica. Forma parte do colectivo El Monstruito e colabora co TAC, co que organiza a mostra de cine catalán aTAC Bilbao. Xiana Vázquez (Galicia) é doutora en Estudos Ingleses e investigadora especializada en narrativas góticas, de terror e ciencia ficción. É docente no Departamento de Inglés da Universidade de Vigo.

Os tres profesionais serán os encargados de outorgar os premios Neuronas Fritidas (orixinal), Ben Dito (guión), Ben Feito (dirección) e o Gran Premio GFFF. O festival concede tamén un premio do público, que elixen os asistentes votando a través dun código QR ao remate de cada sesión.

Ademais, este ano o GFFF forma parte da Federación Internacional de Festivales Méliès (MIFF) e contará cun xurado específico que outorgará o Méliès d’Argent, un dos maiores recoñecementos do cinema auropeo, á mellor curtametraxe europea do festival.

X EDITION: CELEBRANDO UNHA DÉCADA DE FREAKISMO

O Galician Freaky Film Festival afonda na esencia máis freaky do cine, celebrando a cultura audiovisual máis alternativa e de culto. O festival internacional de cine fantástico e freak de Vigo ofrece unha coidadísima selección de curtametraxes, traendo estreas absolutas en Galicia. Ademais é o festival é único no mundo por subtitular todas as curtametraxes estranxeiras en galego. A décima edición do festival celébrase do 17 ao 26 de setembro en Vigo.

O seu ambiente único fai que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para vivilo en primeira persoa. A recente incorporación á prestixiosa Federación Méliés, así como o respaldo de máis de 4.000 asistentes na súa última edición de 2025, consolidan ao GFFF como unha cita obrigatoria para os amantes do cine fantástico e alternativo en todo o mundo.

Está pasando!