O Festival Ribeiro Son de Viño regresa ao Náutico de San Vicente do Mar

2 Xullo 2026

Unha nova edición do Ribeiro Son de Viño celebrarase o sábado 11 de xullo na contorna paradisiaco do Náutico de San Vicente do Mar.

Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viño da D.O. Ribeiro na contorna máxica da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar (O Grove), durante toda unha xornada de 12:00 a 22:00 horas.

Puño Dragón, Santi Araújo, Catuxa Salom, O Tsar e DJ Toni B. Willish son os artistas elixidos para este ano.

As entradas inclúen o acceso ao Náutico de San Vicente para desfrutar de todos os concertos e unha copa para poder degustar os viños das cinco adegas participantes que terán que ser adquiridos (por copa ou botella) directamente nas casetas da adegas.

Está pasando!