O Local de Música reanuda a actividade presencial con novos horarios adaptados ao protocolo Covid

28 Setembro 2020

O Local de Música de Pontevedra retoma a actividade presencial adaptando os horarios e a dispoñibilidade das salas de ensaio ao protocolo de seguridade e prevención da Covid-19.

Así, os grupos que participan no proxecto disporán de dúas salas de ensaio que poderán utilizar en horario de tarde de luns a venres e os sábados en horario de mañá e tarde.

Durante a semana o horario de apertura queda establecido de 16:00 a 22:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 22:00 h.

Os ensaios serán de 1,5 horas e entre cada sesión establécese un intervalo de 30 minutos para desinfección e ventilación. Ademais, a entrada en cada unha das salas farase de xeito escalonado, cunha diferencia de 15 minutos entre o grupo que utilice a Sala 1 e o grupo que utilice a Sala 2.

No protocolo de reanudación dos horarios de ensaio contémplanse 40 hora de atención ao público nas dúas salas habilitadas, mentres que o estudo permanecerá pechado.

+info. en localdemusica.gal

Está pasando!