© Concello de Pontevedra

O programa municipal ‘Proponte’ porá en marcha a vindeira semana unha nova quenda de talleres de memoria e comunicación asertiva en parroquias e barrios de Pontevedra

1 Febreiro 2023

Baixo o título ‘Formación de habilidades memorísticas para persoas maiores’, a iniciativa impulsada pola Concellería de Benestar Social en colaboración co colectivo Acolle desenvolverase ata o mes de xuño en centros sociais e veciñais de Estribela, Mourente, Ponte Sampaio, Bora, Marcón, Salcedo, Tomeza, A Parda, Salcedo, San Roque, Lérez e Centro Sur


A boa acollida e resultados acadados polos obradoiros que se organizaron en anos anteriores levaron á Concellería de Benestar Social, a través do seu programa Proponte, a impulsar unha nova quenda de talleres de memoria e comunicación asertiva en parroquias e barrios de Pontevedra. Baixo o título ‘Formación de habilidades memorísticas para persoas maiores’, a actividade, desenvolvida en colaboración co colectivo Acolle (Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social), está especialmente destinada a maiores de 60 anos que non teñen problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia.

A iniciativa porase en marcha ao longo da vindeira semana, terá unha duración duns catro meses e será impartida nos locais sociais e veciñais de Lérez, Marcón, Bora, A Parda, Salcedo, Centro Sur, Mourente, Ponte Sampaio, Tomeza, Estribela e San Roque.

“Como decotío -sinala o concelleiro de Benestar Social, o socialista Marcos Rey-, xa se colocaron carteis cos contactos das asociacións veciñais de referencia nos locais correspondentes de cara a poder formalizar as inscricións dos interesados. Os distintos colectivos encargaranse de xestionalas directamente, establecéndose un aforo máximo de 15 persoas por curso”.

Tal e como apunta Rey, “estes talleres de memoria teñen un carácter preventivo, organizándose co obxectivo de garantir que os nosos maiores poidan saír da casa, xuntarse, traballar a memoria e exercitala para mantela en boa forma”.

O calendario coas datas e horarios concretos é o seguinte:

Está pasando!