Río Verbena Fest 2024 | Esmerarte

O Río Verbena Fest regresa a Pontevedra o 22 e 23 de agosto con Coque Malla, Álvaro de Luna, Nil Moliner, Carlos Sadness e Andrés Suárez entre os primeiros confirmados

3 Marzo 2025

Os abonos sairán á venda este mércores 5 de marzo ás 13:00 horas en rioverbena.com, desde 49 euros con gastos de xestión incluídos


O Río Verbena Fest regresa a Pontevedra para celebrar a súa cuarta edición, tras consolidarse como o festival de referencia da Boa Vila.

Despois do éxito rotundo da edición pasada, que esgotou todas as entradas e reuniu a máis de 19.000 asistentes, o festival volverá tomar a Chaira Exterior do Recinto Feiral de Pontevedra os próximos 22 e 23 de agosto.


Río Verbena Fest 2024 | Esmerarte

Os primeiros nomes confirmados para o cartel desta edición inclúen a artistas tan destacados como Coque Malla, Álvaro de Luna, Nil Moliner, Andrés Suárez (co seu único concerto en Galicia), Carlos Sadness, Pignoise, YSY A, Malmö 040, Efecto Pasillor, Carla Lourdes e Taïn.

Este primeiro adianto do cartel está formado por grandes figuras da música pop e indie nacional, ademais de incorporar nomes clásicos e máis mainstream.

Os abonos sairán á venda este mércores 5 de marzo a partir das 13:00 horas a través da web oficial do festival (rioverbena.com), a partir de 49 euros con gastos de xestión incluídos.



Coque Malla, unha das figuras máis queridas do pop español, continúa sendo un referente tanto pola súa etapa á fronte de Los Ronaldos como pola súa exitosa carreira en solitario, onde segue emocionando ao público coas súas letras profundas e o seu estilo inconfundible. Temas como ‘No puedo vivir sin ti’ segue sendo himno de varias xeracións.

Álvaro de Luna, que deixou de ser unha promesa para converterse nunha das voces máis destacadas do pop-rock actual, segue cultivando éxitos con cancións como ‘Juramento eterno de sal’ e ‘Todo contigo’, que foron parte esencial dos veráns dos últimos anos.

Pola súa banda, Nil Moliner gañouse o agarimo do público grazas á súa enerxía desbordante no escenario e a súa capacidade para fusionar xéneros de maneira auténtica. Cancións como ‘Libertad’ ou ‘Meneito’ seguen soando nas listas de éxito nacionais.

Carlos Sadness, outro referente do pop indie, logrou cativar a unha xeración co seu son único, o “galactropical”, con cancións como ‘Personita Buena’ o ‘Isla Morenita’. O barcelonés estará a facer repaso dos seus grandes éxitos xunto ao seu último álbum: ‘Realismo Mágico’.

O galego Andrés Suárez, recoñecido cantautor, continúa ofrecendo a súa emotiva música con letras que se converten en relatos de vida.

Ademais, Pignoise tamén estará presente no festival, revivindo o legado do pop-punk español con temas icónicos como ‘Nada que perder’, que seguen facendo vibrar aos fans coa súa explosiva enerxía.

Pola súa banda, YSY A, un dos primeiros expoñentes do trap e rap arxentino, será outro dos grandes atractivos desta edición, sumando unha proposta internacional que non deixará indiferente aos asistentes.

O festival tamén aposta polos talentos emerxentes, mantendo o seu compromiso coas raíces locais e nacionais. Nomes como Malmö 040, unha banda de pop alternativo cun son ecléctico e melodías modernas, xunto cos viguesa Carla Lourdes e o coruñés Taïn, representan o mellor das novas propostas con gran proxección a nivel nacional.

Está pasando!