Evaristo Calvo presentará en Arcade su espectáculo ‘A ver que pasa’

2 Novembro 2026

Evaristo Calvo porá en escena o venres 6 de novembro, ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade, o monólogo ‘A ver que pasa’, un espectáculo de humor que fusiona stand-up, narración oral e cabaret literario sobre as fobias, as filias e outros temas existenciais.

Sobre o escenario, un intérprete teimudo e desinhibido desenvolve unha progresión que vai do stand up máis convencional á narración oral, pasando pola poesía paródica.

Ao longo do espectáculo, o protagonista cuestiona o propio concepto de monólogo, reivindica con ironía o uso de termos en inglés para “dar categoría” e comparte unha obra poética delirante, antes de mergullarse nun relato cheo de digresións protagonizado por un camioneiro. Unha proposta de humor intelixente e accesible para todo tipo de público.

Este espectáculo, con entrada de balde forma parte do programa ‘Goza do teu punto G’, organizado polo Concello de Soutomaior.

Está pasando!