O grupo Caldo será un dos protagonistas desta edición de ‘Música para reCREAr’ | @fotomatong

Concerto do grupo Caldo en Pontevedra

xov29out20:30Concerto do grupo Caldo en Pontevedraciclo ‘Música para reCREAr’20:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo ‘Música para reCREAr’, que a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración.

‘Música para reCREAr’ insírese no obxectivo da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra de desenvolver unha programación aberta a toda a cidadanía e de dar visibilidade ao papel que xoga a cultura no proxecto de especialización Campus Crea.

Esta programación botará a andar o vindeiro xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo.

Trátase dunha actuación con entrada de balde e apertura de portas ás 20.00 horas, que enmarcan na nova edición dun ciclo protagonizado por grupos emerxentes e pola música feita en Galicia.

O primeiro destes concertos terá como protagonista o trío que integran Anaïs Barbier, María Jorge e Pedro Fariñas, que valéndose de voz, violín e guitarra “achegan unha nova dimensión á música tradición oral galega, xerando contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos”, segundo recolle o seu texto de presentación.

Tras presentar en 2019 o seu disco homónimo, gravado ao vivo, a proposta sonora de Caldo era recoñecida en 2020 nos Premios Martín Códax da Música, na categoría de música folk, así como co Premio Fran Pérez ‘Narf’.

Xa en 2023, a formación estreaba o seu segundo álbum, ‘Lugar A Ponte’, unha proposta “íntima, moderna e potente”, sinalan, “coa que consolidan a súa sonoridade, engadindo novas texturas e atmosferas aos seus instrumentos”, facendo de Caldo “unha das bandas imprescindibles para entender a renovación e a posta en valor da música tradicional galega”.

O xoves 12 de novembro, chegará a quenda de coñecer o proxecto musical que impulsan Claudia Abril, á voz e pandeireta, e Marina Carpente, ao violín.

Presentada como “unha das propostas emerxentes máis destacadas do folk contemporáneo”, o dúo Abril presentaba neste 2026 o seu primeiro disco, ‘Medrar’, co que foron recoñecidas co Premio Martín Códax ao mellor proxecto folk.

“Abril é tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente”, sinala o texto de presentación desta formación.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!