Concentración de Vehículos Históricos ‘Cidade de Pontevedra’ | Club A.V.A. (Amigos dos Vehículos Antigos)

VIII Concentración de Vehículos Históricos 'Cidade de Pontevedra'

dom20set10:00dom20:00VIII Concentración de Vehículos Históricos 'Cidade de Pontevedra'Club A.V.A. (Amigos dos Vehículos Antigos)10:00 - 20:00 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

A Praza de España acollerá o vindeiro 20 de setembro de 2026 a VIII Concentración de Vehículos Históricos ‘Cidade de Pontevedra’, organizada polo Club A.V.A. (Amigos dos Vehículos Antigos).

A mostra estará aberta ao público entre as 10:00 e as 20:00 horas. Nesta oitava edición prevese a participación de 70 vehículos procedentes de diversos puntos de Galicia (como Ourense e A Coruña) e do norte de Portugal, con representación de localidades como Porto ou Maia.

Entre os modelos expostos figuraran auténticas raridades do automobilismo. Destaca a presenza dun Ford Phaeton do ano 1930, un motocarro Isocarro e un Messerschmitt de 1957. Este último vehículo, procedente de Finlandia e foi fabricado en Alemaña por unha compañía de aviación, conserva o seu estado orixinal sen restaurar e chama a atención polo seu deseño de dúas prazas situadas en liña (unha diante e outra detrás).

Alén da exposición pública na Praza de España, os participantes gozarán dunha xornada de lecer que inclúe un paseo en catamarán pola ría de Pontevedra con piscolabis a bordo, un xantar de confraternización en Casa Digna e tempo libre pola tarde para percorrer a cidade.

Hora

(Domingo) 10:00 - 20:00

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!