This is a repeating event

XI Festival das Núbebes en Pontevedra

ven02outConsultarXI Festival das Núbebes en PontevedraFestival de artes escénicas para bebés e familia(Consultar: venres) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 2 ao 4 de outubro o Pazo da Cultura de Pontevedra abrirá as súas portas a unha das citas máis agardadas do calendario cultural: o Festival das Núbebes. 

O evento, destinado a bebés e familia, ocupará diversos espazos do Pazo da Cultura e concentrará toda a súa actividade nunha intensa fin de semana de teatro, música e contos onde a cativada de 0 a 6 anos será protagonista.

A programación arrancará o venres 2 de outubro ás 18:00 horas no Auditorio coa xa tradicional inauguración a cargo de Roque e artistas convidadas, nunha sesión de teatro, monicreques e música de acceso gratuíto que precisa de retirada de convite 1 hora antes do inicio na billeteira do Pazo.

sábado 3 de outubro a actividade multiplicarase polos diversos recunchos do Pazo. A Cova dos Libros Fantásticos acollerá os “Contos con Roque” de Baobab Creacións (11:30 e 17:00h).

O Salón de Actos vivirá o “Momento musical para familias con bebés” da man da experimentada artista Lydia Botana “Bolboreta” (11:30, 17:00 e 18:00h). Unha das propostas máis orixinais e novidosas da xornada será “A trompa non só é cousa de elefantes”, da compañía Catro Cores, que achegará este instrumento de vento ao público infantil no Auditorio (12:30 e 18:00h).

Pola súa parte, a recoñecida narradora Ángeles Goás presentará no Seminario o espectáculo “Unha festa de cans” (12:30, 17:30 e 18:30h).

domingo 4 de outubro abrirase ás 11:15 horas no Auditorio coa emblemática “Guerra de almofadas con Roque”, unha cita gratuíta na que se convida a todas as familias a traer o seu propio coxín da casa.

A xornada continuará co espectáculo de música e exploración “Son no berce” da Cova das Letras (11:45, 12:45 e 17:00h), os “Cantacontos para bebés” de Pablo Díaz no Salón de Actos (12:15, 16:45 e 17:45h) e a proposta “Pelica de Burra” de Vero Rilo no Seminario (12:15 e 17:30h), un destacado traballo de recuperación da lingua galega pensado para a infancia.

O peche do festival terá lugar ás 18:30 horas no Auditorio co espectáculo “Dedín Dedín Dedal e clausura do festival con Roque”, a cargo de Malasombra Producións e coa participación dunha recoñecida actriz pontevedresa. Ademais, durante todo o sábado e domingo, as familias terán á súa disposición o Recuncho das Núbebes no vestíbulo do Auditorio, un espazo de xogo libre, lecer e descanso para gozar entre funcións, aberto de 10:30 a 13:30h e de 16:30 a 19:00h.

Como información práctica a organización recomenda consultar o programa apunta que para asistir a calquera das actividades, xa sexan de pago ou gratuítas, todas as persoas deben ter a súa propia entrada independentemente da súa idade e os bebés deben ir sempre acompañados dun adulto.

Destacan a importancia da puntualidade xa que non se permitirá o acceso aos espazos unha vez iniciadas as funcións.

Para as entradas de pago, xa está activa a venda a través de Ataquilla.com e de non esgotarse, 1 horas antes na billeteira do Pazo da Cultura.

Pola súa banda, as entradas gratuítas só se poderán retirar o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, dende unha hora antes do inicio da actividade (cun máximo de 4 por persoa).

Está pasando!