Presentación do VII Festival Internacional de Maxia Infantil | © Concello de Marín

Comeza o VII Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín

3 Outubro 2024

Os días 3, 4, 5 e 6 de outubro, Marín acolle a VII edición do Festival Internacional de Maxia Infantil. Serán catro días cheos de ilusión, soños e fantasía, cunha intensa programación que traerá á vila a 15 artistas da maxia de diferentes puntos do mundo.

Baixo a dirección do Mago Paco, a programación do VII Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín é a seguinte:

XOVES 3

  • 10.00 e 12.00 h. Maxia nos colexios.
  • 18.00 h. Biblioteca Municipal. Francis Zafrillo ‘Marvin, o mellor mago do mundo’. Entrada: 1 euro.

VENRES 4

  • 10.00 e 12.00 h. Maxia nos colexios.
  • 18.00 h. Escaparates Máxicos. Funcións de 20 minutos nos seguintes comercios:
    • De 18:00 a 18:20 h. Nube (Rúa do Sol, 1)
    • De 18:30 a 18:50 h. Librería Nobel (Jaime Janer, 4)
    • De 19:00 a 19:20 h. Ché-B-Re (Méndez Núñez, 58)
  • 20.00 h. Alameda Rosalía de Castro. BRANDO ‘Manos Mágicas’. (En caso de choiva trasladarase ao Multiusos).
  • 22:30 h. Hall Concello. MARTILDA. ‘Palabra de Bruja’. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. +12 anos.

SÁBADO 5

  • 10:00 h. Biblioteca Municipal. Obradoiro de maxia. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. A partir dos 6 anos.
  • RUTA MAXIA DE PRETO. Fai a ruta máxica visitando os 3 espazos e descobre a maxia que se agocha detrás de cada artista. 3 pases de 20′ en cada lugar con 3 propostas diferentes e de alto impacto.
    • 11:30 – 12:15 – 13:00 h. Praza de Abastos (zona acristalada). Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. JOSHUA KENNERH.
    • 11:30 – 12:15 – 13:00 h. Hall Concello. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. SARA RODRÍGUEZ.
    • 11:30 – 12:15 – 13:00 h. Palco da Música da Alameda. Pequeno Gran Teatro de Maxia. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas.
  • 17:00 h. Alameda de Seixo. MAG MALASTRUC ‘La maleta de Malastruc’.
  • 18:00 h. Parque Eguren. CARLOS TOMICO. ‘Maxia con desgarbo’. (En caso de choiva trasladarase á Biblioteca).
  • 19:15 h. Multiusos Praza de Abastos. Gala Novos Talentos. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. MAGO lAGO, MAGALDARA, NACHO NOGUEIRA E MAGIC MATEO.
  • 21:00 h. Alameda Rosalía de Castro. DANI DANIELO ‘Cirkalgia’. (En caso de choiva trasladarase o Pavillón Illa de Tambo).
  • 23:00 h. Hall Concello. A Maxia de ‘Magia en la Manga’. Entrada 1euro. Prazas limitadas. +12 anos.

DOMINGO 6

  • 12:00 h. Museo Manuel Torres. FRANCIS ZAFRILLA ‘Pequemagia’. Espectáculo para primeira infancia de 1 a 4 anos. Entrada: 1 euro. Prazas limitadas. Máximo 1 adulto/a por neno/a.
  • 13:00 h. Alameda Rosalía de Castro. MAG MALASTRUC ‘La maleta de Malastruc’. (En caso de choiva trasladarase o Multiusos).
  • 18:30 h. Multiusos Praza de Abastos. GALA INTERNACIONAL DE MAXIA. Entrada: 3 euros. Prazas limitadas. FRANCIS ZAFRILLA (P), DANI DANIELO, MARTILDA, BRANDO, JOSHUA KENNETH E MAG MALASTRUC.

Venda de entrada online en Ticketrona. Venda de entradas na billeteira dende 1 hora antes do espectáculo.


Está pasando!