O XXIV Memorial Ricardo Portela homenaxeará a Concha de Luneda

12 Xullo 2023

Nas inmediacións da praza da Ferraría de Pontevedra, a XXIV edición do Memorial Ricardo Portela contará durante os días 14, 15 e 16 de xullo coa mostra de instrumentos de música tradicional, con pasarrúas que encherán a Boa Vila co característico estilo interpretativo do Mestre Portela, a homenaxe a Concha de Luneda e tamén poderás gozar cos concertos de Lagharteiras, Xistra de Coruxo e Os Folieiros.

Todo nunha fin de semana que coma cada ano organiza a Asociación de Gaiteirxs Galegxs – AGG en colaboración co Concello de Pontevedra.

O programa do XXIV Memorial Ricardo Portela é o seguinte:

VENRES 14 DE XULLO

  • De 17.00 a 21.30 h. XXI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Paseo de Antonio Odriozola.
  • De 17.30 ha 20.30 h. Pasarrúas de Armadanzas de Laraño, Gaiteiros da Rías Baixas, Millarancos e Músicas da Redonda. Nas prazas e rúas da cidade.
  • 21.00 h. Concerto de Lagharteiras. Praza da Ferraría.

SÁBADO 15 DE XULLO

  • De 11.30 a 14.00 h. e de 17.30 a 21.30 h. XXI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Paseo de Antonio Odriozola.
  • De 11.30 a 13.30 h e de 18.00 a 20.30 h. Pasarrúas de Ansuiña, Candaira, Cántigas e Frores e Picuíña. Nas prazas e rúas da cidade.
  • 21.00 h. Homenaxea Concha de Luneda. Praza da Ferraría.
  • 21.15 h. Concerto de Xistra de Coruxo. Praza da Ferraría.

DOMINGO 16 DE XULLO

  • De 11.30 a 14.00 h. e de 17.30 ha 21.30 h. XXI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Paseo de Antonio Odriozola.
  • De 11.30 a 13.30 h. e de 18.00 a 20.30 h. Pasarrúas de Aires do Coutado, Boudebou, Os Outros Feirantes e Seimeira. Nas prazas e rúas da cidade.
  • 21.00 h. Concerto de Os Folieiros. Praza da Ferraría.

Está pasando!