Manu Lourenzo e Gonzalo Outeiro presentando os Concertos de Verán 2026 | Concello de Soutomaior

Os Concertos de Verán de Soutomaior contarán coas actuacións do grupo internacional Talco, De Ninghures, 9Louro e La Duendeneta

8 Maio 2026

  • O venres 10 de xullo, o Peirao de Arcade, será o escenario desta cita coa música no verán de Soutomaior.
  • Concertos, todos eles de balde, que achegarán ao concello de Soutomaior unha proposta variada para desfrutar da música internacional e galega nun ambiente distendido e festivo.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Mocidade, Gonzalo Outeiro, presentaron esta mañá os Concertos de Verán que este ano protagonizarán o Verán de Soutomaior.

Concertos de Verán Soutomaior 2026, é unha proposta variada para desfrutar de música internacional e galega nun ambiente distendido e festivo.

Un cartel que aposta pola diversidade musical e interxeneracional onde contaremos con bandas galegas como De Ninghures, que mestura ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos e magrebís e que está sendo unha referencia no panorama galego.

Formará parte do cartel tamén 9Louro, un proxecto emerxente galego que de seguro vai dar moito que falar e bailar co seu pop urbano, trap, e música electrónica.

E como prato forte o cartel completarase con Talco, unha banda de orixe italiano da actual escena internacional que se consolidou nos últimos anos como unha das máis importantes de Europa que fai ska e punk cun son contundente con moita presencia de ventos e cunhas letras reivindicativas que farán que este verán sexa inesquecible.

Todo isto completado coa música da Duendeneta que nos acompañará ao longo de toda a tarde noite.

Todos os concertos serán de balde e a cita comezará a partir das 20:30 horas no Peirao de Arcade.

O alcalde, Manu Lourenzo, convidou hoxe a que todo o mundo reserve esta cita no calendario e dixo nesta xornada que “o Peirao de Arcade será, o 10 de xullo, o hepicentro dunha tarde noite inesquecible con grupo de referencia internacional como Talco e o mellor do panorama galego con De Ninghures e 9Louro, unha cita onde no faltará a música e divertimento de La Duendeneta”.

Está pasando!